Skip to main content
Folgoso do CourelQuiroga

Sete bens de interese cultural de Quiroga e Folgoso do Courel formarán parte do catálogo de BIC dixital

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Castelo dos Novais, o túnel romano e os covallos de Montefurado e a Ponte do Bibei do Concello de Quiroga dixitalizaranse para formar parte do catálogo de bens de interese cultural (BIC) da Xunta de Galicia para formar parte dun catálogo que recolle 337 elementos en toda a comunidade.

Ademais destes catro, que forman parte do propio municipio de Quiroga, outros tres da comarca de Quiroga, que engloba o propio Concello, Ribas de Sil e Folgoso do Courel; serán tamén introducidos neste catálogo e que se corresponden co Castelo de Carbedo, Froxán e Seceda, en Folgoso do Courel.

A Xunta de Galicia, a través dos fondos europeos do plan de recuperación, acaba de licitar o contrato para dixitalizar todos os bens de interese cultural (BIC). Coa intención de acadar un catálogo actualizado de todos os bens relevantes, cada BIC contará con entre 20 e 75 fotos dixitalizadas, dependendo do tipo de monumento ou conxunto monumental.

Este proxecto de inventario suporá un paso para ter todo o patrimonio recollido de forma dixital e actualizado a nivel audiovisual. A Xunta poderá utilizalo con criterios máis uniformes para as súas campañas de promoción, para a súa mellor conservación ou para a súa posta en valor a través de todo tipo de publicacións.

A Lei de Patrimonio obriga a que o Goberno Galego traballe na protección dos bens culturais e aínda que sexan propiedade privada teña que velar pola súa conservación.