Skip to main content
Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel ofrece quince composteiros para os seus cidadáns

Por 16 Xaneiro, 2023Xaneiro 17th, 2023Sin comentarios

Para promover a reciclaxe de residuos orgánicos, o Concello de Folgoso do Courel adquiriu quince composteiros que se entregarán de forma totalmente gratuíta a quince veciños cuxas vivendas están no municipio.

Os interesados poderán solicitalo nas oficinas municipais, de xeito presencial ou de forma telefónica chamando ao teléfono 982 43 30 01 ata fin de existencias e a condición indispensable para recibir os composteiros é posuír un espazo de horta ou xardín no que colocalo.

Esta iniciativa lévase a cabo aoa axuda concedida ao abeiro da Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU,