Skip to main content
Monforte

O polideportivo da Pinguela de Monforte vai ser completamente reformado

Por 23 Xaneiro, 2023Xaneiro 24th, 2023Sin comentarios

Máis de 3,5 millóns de euros serán investidos para a reforma do Polideportivo de A Pinguela

A reforma integral do Polideportivo Municipal de A Pinguela foi anunciada polo alcalde de Monforte, José Tomé, quen explicou que esta é unha vella demanda na que o Equipo de Goberno “estaba a traballar dende fai anos ata poder conseguilo”.

Dende o goberno local explican que as condicións das instalacións municipais están “obsoletas” e que o polideportivo é “insuficiente” para acoller un aforo acorde ao alto nivel das competicións disputadas. “As instalacións requirían unha reforma integral que vai dar servizo aos máis de 40 clubs e Asociacións Deportivas presentes no municipio e aos demais veciños monfortinos que van desfrutar dunhas instalacións modernas, cómodas e moi amplas”, defendeu o rexedor.

A reforma dará lugar a “un novo polideportivo, dado que solo se vai conservar o pavimento de xogo, parte da estrutura e todo o demais, vaise a facer de novo, non solo será novo por dentro, tamén por fora xa que se vai a recubrir dunha capa envolvente que lle proporcionará un acabado espectacular”, engadiu Roca.

Así, sinalou que o obxectivo do equipo de goberno é dotar a Monforte de Lemos dun polideportivo municipal “cómodo, seguro e amplo que poida dar resposta ás necesidades da cidade e mellorar a vida dos Monfortinos proporcionándolles os mellores servizos”.

O orzamento destinado para a reforma do pavillón de A Pinguela ascende a 3.543.220,97 euros, con maior inversión para a climatización (510.603,76 euros), pechamentos e revestimentos (498.300,05 euros), e estruturas (492.148,20 euros).

Tomé tamén explicou que “a financiación será compartida pola Consellería Superior de Deportes e polo Concello a un 50%”.

Tal e como afirma o alcalde, “vaise a presentar no próximo Pleno unha modificación do orzamento e a autorización para unha operación de crédito pola totalidade da inversión, mentres nos se resolva a subvención, para axilizar o comezo da reforma”, xa que se pretende licitar de forma inmediata para poder comezar as obras no mes de abril e rematar en setembro.

Con este investimento vaise conseguir maior comodidade da gradaría, melloras nos aseos e vestiarios, amplíanse as zonas de almacén e de despachos, mellórase en accesibilidade e seguridade, pero sobre todo, auméntase considerablemente o aforo do pavillón, permitindo que se realicen nel competicións ó mais alto nivel”.

Actuacións a realizar

O alcalde explicou minuciosamente o proxecto de reforma detallando os cambios que se van a executar en cada unha das plantas.

“Na planta baixa vanse reordenar os espazos, para crear un novo ximnasio, unha zoa de almacén e ampliar a actual zoa de despachos. Ademais a escaleira vai a ser substituída por unha nova que libere espazo na zoa de recepción”, explicou.

Pola súa parte, “na planta superior vanse aumentar as gradas para conseguir un aforo acorde ao alto nivel das competicións desputadas. A grada que hai na actualidade amplíase con catro filas máis de gradas, dúas na parte superior e outras dúas na parte inferior e deixando espazos para prazas de persoas con mobilidade reducida”, analizou.

“Ao mesmo tempo, vanse crear tres gradas máis, tanto no lado oeste, como nas dúas cabeceiras, voando cara ó exterior para mellorar a visibilidade dentro do pavillón e que lle vai conferir unha nova imaxe actual e atractiva. O aumento tanto en número de gradas como a ampliación da que existe actualmente, permite aumentar o aforo das instalacións en máis do dobre con respecto á actualidade; neste momento temos un aforo de 465 persoas e unha vez rematada a obra estaremos a falar dun total de 1.198 localidades”, estableceu. “Isto permitirá celebrar competicións ó mais alto nivel”.

Outra das modificacións, comentou, “afecta á sede de oficinas e locais, que se amplía en 85 metros cadrados máis e dótase dun novo espazo para ximnasio que actualmente non hai para que os clubs completen a súa preparación e que terá unha superficie de 131 metros cadrados”.

Renovaranse, tamén, os vestiarios, contando con seis espazos , incluíndo un específico para persoas con mobilidade reducida, e farase de novo o teito e illado para humidades e temperatura. O alumeado será de luces LED de baixo consumo. “Con este esforzo de inversión preténdese que sexa máis confortable, máis eficiente e respectuoso co Medio Ambiente”, sinalou.

En canto ao resultado exterior tras a reforma, José Tomé explicou que a fachada actual e os novos volumes vanse revestir a base de SATE con un zócalo pétreo hasta a altura das ventás e tamén explicou o resultado final do acceso ó pavillón que se marcará mediante un pórche para relacionalo coa piscina anexa. Por outra banda, as zoas redondeadas que completan a fachada, aportaranlle modernidade e actualidade á imaxe do edificio.