Skip to main content
Monforte

Un proxecto de biotecnoloxía impulsará a instalación dunha planta de fabricación de inxectables en Monforte

Por 28 Xaneiro, 2023Xaneiro 29th, 2023Sin comentarios

O Consello da Xunta de Galicia anunciou que a iniciativa empresarial prioritaria do proxecto de Indukern impulsará a instalación dunha planta de fabricación de inxectables en Monforte de Lemos. Deste xeito, dáse un paso máis para “contribuír a consolidar Galicia como un referente en materia de biotecnoloxía”.

Rueda resaltou que nesta nova planta “fabricaranse medicamentos de uso humano” e albergará un laboratorio de I+D+i para deseñar “futuros fármacos”. En concreto, cun investimento de 33 millóns de euros na fase inicial e 59,4 millóns de euros en total.

O novo centro destinarase á fabricación, produción, acondicionamento e distribución loxística de produtos estériles farmacéuticos líquidos en diferentes formas de acondicionado como ampolas, viarias e xiringas precargadas dependendo do seu uso e tipoloxía de produto.

Por outra banda, elaboraranse medicamentos e realizaranse procesos de apoio como servizos asociados á produción, loxística e administración. O proxecto iniciarase cunha liña de produción de inxectables e coa posibilidade de expansión a catro liñas máis de produción.

Tamén se incluirán oficinas para o control da planta e laboratorios de análise e desenvolvemento de I+D+i para futuros fármacos, polo que se aliña coa Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia complementando a cadea de valor do sector da biotecnoloxía, unha industria estratéxica na Comunidade Autónoma.