Skip to main content
Pantón

O concurso fotográfico de Segredos de Pantón xa ten gañadores

Por 7 Xaneiro, 2023Xaneiro 9th, 2023Sin comentarios

A V edición do concurso fotográfico da asociación cultural Segredos de Pantón xa ten gañadores despois de que habilitaran unha ligazón onde o público puido votar a súa fotografía favorita, na que participaron 270 persoas.

Así, o 1º premio é para ‘Atardecer’, unha fotografía de Alfonso Méndez Meilán no Castro de Ferreira (Santa María de Ferreira), que alcanzou 75 votos.

O 2º Premio foi para ‘O regato de Galegos’, en Galegos (San Vicente de Castillón) e feita por María Ángeles Parga Vázquez, que obtivo 74 votos.

E, por último, o ‘Outonal’ recibiu o terceiro premio ao  conseguir 63 votos, unha fotografía en Rigueiriña (Santiago de Castillón) de Laura García Maceda.