Skip to main content
Pantón

O Concello de Pantón acolle outra edición do Trece Roeis Fest en agosto

Por 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O festival de rock Trece Roeis de Pantón volve este 2023 os días 18 e 19 de agosto e xa están á venda as primeiras 500 entradas a prezo reducido, con prezo de 15 euros por dous días e con acampada gratuíta.

Este festival foi recentemente nominado aos Premios Fest nas seccións de mellor festival de medio formato, festival con mellores accións paralelas, festival con mellor zona de acampada e maior aportación turística á rexión.

Na edición do ano pasado, os organizadores trouxeron diferentes grupos de música de rock galego para o desfrute dos asistentes, que tamén puideron saborear o mellor da gastronomía da Ribeira Sacra, coa colaboración de diferentes adegas de viño, restaurantes e entidades.