Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil contará cun Centro de Interpretación do Río Sil

Por 7 Xaneiro, 2023Xaneiro 9th, 2023Sin comentarios

O Xeoparque do Courel vén de asinar un convenio coa Deputación de Lugo para converter a antiga escola de Torbeo de Ribas de Sil Centro de Interpretación do Río Sil.

O presidente da asociación promotora, Roberto Castro, levou a cabo a firma do pacto coa entidade provincial, que achegará 25 mil euros para financiar a actuación no Xeoparque.

Nunha entrevista concendida a Onda Cero Monforte, o presidente dixo que “é curioso que nos 234 quilómetros que ten este río non teña un centro destas características por eso nos animamos para poñer en marcha esta iniciativa converténdoo nun recurso máis do Xeoparque”.