Skip to main content
QuirogaSober

As obras de mellora da estrada N-120 xa están en marcha

Por 28 Xaneiro, 2023Xaneiro 30th, 2023Sin comentarios

A estrada N-120 está sendo mellorada co arranxo da capa de rodamento, unha obra que comezou á altura do municipio de Sober e levaranse a cabo ata o límite da provincia de Lugo na zona de San Martiño.

Recentemente, o alcalde de Quiroga demandara actuacións sobre a N-120, xa que a capa de rodamento presentaba fochancas que facían “moi perigoso circular por ela, sobre todo en días de chuvia”, explicou.

Así, púxose en contacto coa Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, para que xestionara o seu arranxo ante a Xefatura Territorial de Estradas na Coruña e o Ministerio de Infraestructuras.