Skip to main content
Taboada

Roi Rogueira presenta o seu primeiro libro sobre o patrimonio de Taboada

Por 27 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Roi Rigueira Agromartín, concelleiro do PSOE en Taboada, presenta este sábado, 28 de xaneiro ás 20.30 horas, o seu primeiro libro titulado ‘Taboada. Guía dos seus elementos máis sobranceiros’.

O salón de actos da antiga Casa Cuartel de Taboada será o lugar escollido para a presentación, na que o autor estará acompañado polo editor, Francisco Rodríguez Iglesias, de Hércules Ediciones, e a deputada provincial Pilar García Porto.

O volume contén unha recompilación dos elementos patrimoniais do Concello de Taboada, agrupados nas súas 27 parroquias, co fin de dar a coñecer a cantidade de patrimonio natural, civil e relixioso que descubriu o autor nos seus percorridos polo espazo que abrangue o seu territorio.

Rigueira Agromartín explica que “se esta obra serve para que, dentro duns anos, algunha persoa se preocupe polos elementos patrimoniais, catalogándoos e ampliándoos, e continúe traballando por manter unha historia que é de todos e de todas nós, o esforzo pagará a pena”.