Skip to main content
Axenda CaducadaParadela

O Concello de Paradela ofrece tres prazas para exercer de peón de obras

Por 31 Xaneiro, 2023Febreiro 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela aprobou por resolución da alcaldía as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante o sistema concurso-oposición para tres postos de peón de obras públicas, no marco do Programa Fomento de Emprego da Deputación de Lugo de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022.

Esta colaboración materializase a través da achega económica por parte da Deputación Provincial de Lugo dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados.

Os contratos de traballo concertaranse cunha duración de 6 meses, rematando o 31 de outubro de 2023, e a xornada completa.

Os aspirantes a este posto de traballo deberán saber que a época do ano no que van traballar existen maior acumulación de tarefas en relación ás obras ou servizos prioritarios ou que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais, como accións de conservación e mantemento de recursos naturais, accións de mantemento dos espazos públicos urbanos e conservación e mantemento de edificios, instalacións e vías municipais.

A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas facilitarase no Rexistro Xeral do Concello e estará dispoñible na páxina web do concello e dirixirase ao alcalde do Concello de Paradela, no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (o 27 de xaneiro).

Así, os interesados poderán solicitar este posto de traballo ata o vindeiro 8 de febreiro.

Entre os requisitos, está o requerimento de posuír o permiso de conducir tipo B e a acreditación da posesión do CELGA 2 de galego.