Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A campaña ‘O teu corazón pide Sarria’ de ACES impulsa o comercio local con motivo do San Valentín

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES) – CCU desenvolve a partir do 1 de febreiro e ata o 14 de febreiro, Día dos Namorados, a campaña promocional ‘O teu corazón pide Sarria’. 

Todos os clientes dos establecementos asociados á asociación que realicen algunha compra no periodo da promoción, poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas. Sortéanse catro ceas para dúas persoas en establecementos de hostalaría asociados (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma).  

O sorteo, no cal se farán públicos os nomes das persoas premiadas, será o venres 17 de febreiro ás 13.00 horas. 

O obxectivo desta campaña é “chegar aos corazóns dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila, realizando as súas compras de San Valentín no CCU de Sarria”, defenden desde a organización.