Skip to main content
Comarca SARRIAXA

O BNG da comarca de Sarria reuniuse para prepararse de cara ás eleccións municipais de maio

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego da comarca de Sarria celebrou unha xuntanza para coordinar e perfilar os diferentes grupos de traballo de cara ás eleccións municipais de 2023 no Incio.

A esta reunión asistiu a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, a concelleira do BNG e candidata á alcaldía de Samos, María Xesús López, e o concelleiro do BNG e candidato á alcaldía de Sarria, Efrén Castro.

A organización nacionalista estableceu diferentes eixos temáticos nos que traballar para conformar alternativas fronte os gobernos municipais actuais nas diferentes localidades das terras de Sarria, polo que se expuxeron diferentes propostas e proxectos en conxunto.

O obxectivo da fronte patriótica é implementar diferentes ideas chave para impulsar políticas que poñan ás persoas no centro, mais tamén, contribuír ao desenvolvemento da economía e do territorio.

Tras rematar este encontro, fixeron un percorrido pola a feira da localidade, na que puideron desfrutar do bo facer dos produtores locais como comprobar as grandes potencialidades do comercio local no rural.