Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Bo remate de ano para o CB Sarria

Por 14 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Por Adrián Fernández.

Rematou o ano 2022 con moito baloncesto e bos resultados en case tódalas categorías para o CB Sarria. Na categoría Premini (Benxamín) femenina tanto o Fisioterapia Ivonne Castro coma o Cementos Cosmos ocupan as dúas primeiras posicións, as primeiras lideran a taboa con 5 vitorias e ninguna derrota, mentres que as segundas comparten a segunda praza con Ensino blanco e Cidade con 2-2. Na categoría masculina o Corbar Sarria ocupa a cuarta praza con 2-2 empatado con Ensino blanco no grupo A, e o María T. Martínez ocupa a Segunda posición tamén con 2-2 no grupo C.

Na categoría Mini (Alevín) ámbolos dous están na primeira división con resultados parecidos, o Autovalfer Sarria feminino vai primeiro con 4 vitorias e 1 derrota e o Oribio Construcciones masculino vai segundo cunha vitoria máis (5) e tamén 1 derrota.
Na categoría Pre-infantil feminina o Casa Barbadelo van cuartas con 3 vitorias e 1 derrota mentres que os seus compañeiros do Cementos Cosmos Sarria da segunda infantil masculina ocupan a segunda praza con 5-1.

Na categoría Cadete ámbolos dous equipos, feminino e masculino levan resultados parecidos, o Saneamientos Sarria feminino ocupa a primeira posición con 5-1 empatadas co Cidade de Lugo despois de perder contra elas na última xornada, e o Oral Design masculino ocupa a segunda praza coas mesmas vitorias (5) e unha derrota máis (2), empatados con Estudiantes.

Na categoría Junior as cousas non van tan ben, pero seguro que melloran para o 2023. O Castro Agrasar Sarria feminino ocupa a 11ª posición con 1-7 eso si, na primeira división, mentres que o MGR Sarria masculino vai 5º con 3 vitorias e 4 derrotas empatado con Costa Artabra.

E por último repasar a categoría Sénior, na que o Floristería Madeira Sarria feminino ocupa a cuarta posición con 6 vitorias e 4 derrotas empatadas co CB. Do Lea e as de Laracha, mentres que o MGR Sarria masculino van segundos tras perder no último partido do ano ante o Terra Chá en Vilalba, con 5 vitorias e 3 derrotas empatados con Basquet Coruña S e Calvo Artai nunha liga moi igualada.

E por último, os máis pequenos tamén puideron despedir o ano celebrando a primeira xornada de Baby Basket da tempada 2022/2023, e que sexan moitas máis o ano que vén.