Skip to main content
Axenda CaducadaO Incio

O Incio acolle a chegada dos Reis Magos o vindeiro venres

Por 2 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio e a asociación cultural As Xeitosas organizan unha cabalgata de Reis para o vindeiro día 6 de xaneiro.

A saída das Súas Maxestades farase ás 17.30 horas da residencia da terceira idade. O percorrido rematará no local multiusos do Concello do Incio onde haberá agasallos, roscón de reis e chocolate quente para todos e todas.

A partir das 16.00 horas un paxe real estará no local multiusos preparando a entrega de agasallos que queiran achegar as familias.