Skip to main content
Láncara

Olga Capón foi presentada como a candidata do PP á alcaldía de Láncara

Por 16 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A candidata popular á alcaldía de Láncara, Olga Capón, foi presentada o sábado, 14 de xaneiro, na Casa do Concello do municipio, onde defendeu que asumía este reto “con todo o respecto, a humildade e a máxima responsabilidade”.

Olga Capón destaca que a súa maneira de traballar estará baseada na escoita activa, no contacto directo coa veciñanza e no fomento da participación para dar aos cidadáns os servizos sociais e as infraestruturas que precisa, que son as súas prioridades.

Por outra parte, a candidata comprométese a apoiar a gandería e a promover solo industrial, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas infraestruturas viarias.

Críticas ao goberno socialista

Capón destaca que para frear a continua perda de poboación do municipio “é preciso crear emprego e ofrecer bos servizos, algo que non se fixo en todos estes anos de goberno socialista”.

A dirección provincial do PP destaca que as grandes obras en Láncara sempre foron debidas á xestión do PP, polo Concello ou pola Xunta. Sinala que “queda demostrado que hai dúas maneiras de gobernar e que a do PP é a máis eficaz” e por iso vai recuperar a alcaldía conseguindo maioría absoluta.