Skip to main content
Láncara

O Concello de Láncara agradeceu o labor dos operarios para quitar a neve

Por 21 Xaneiro, 2023Xaneiro 23rd, 2023Sin comentarios

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, agradeceu en redes sociais o traballo dos operarios do concello que estiveron traballando para quitar a neve dos puntos máis complicados do municipio.

Recalcou nas súas verbas que os traballos duraron 12 horas seguidas e que traballar sen descanso “é moi perigoso”, polo que agradeceu o seu traballo e lles dixo que marcharan a casa a descansar.