Skip to main content
Láncara

Reformar o pavillón de Láncara e dotar de abastecemento de auga á parroquia San Xoán de Muro, as iniciativas do concello lancarés

Por 26 Xaneiro, 2023Xaneiro 27th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara contratou a redacción de dous proxectos técnicos para levar a cabo e así mellorar a vida dos habitantes do municipio co compromiso do alcalde, Darío Piñeiro.

Un deles é para reformar e manter o pavillón municipal da Pobra de San Xiao, cuxas instalacións deportivas presentan algunhas filtracións procedentes da cuberta, o que afecta o pavimento, renovado nos últimos anos.

Ademais, tamén se pretende mellorar os vestiarios e as bancadas, e renovar a iluminación por unha máis eficiente.

Todas estas actuacións foron acordadas co club de fútbol sala local.

Coa redacción do proxecto, adxudicada por 7.139 euros, trátase de cuantificar o custo destas obras que poderían ser financiadas con fondos municipais e achegas doutras administracións.

O segundo proxecto consiste en dotar de abastecemento de auga á parroquia de San Xoán de Muro, unha reivindicación histórica desta parroquia.

Neste caso, o concello contratou por 5.650 euros a elaboración do proxecto.