Skip to main content
Paradela

Paradela comeza o ano inmersa en varios proxectos para mellorar a súa habitabilidade

Por 7 Xaneiro, 2023Xaneiro 9th, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela comeza este ano enfocado en seguir elaborando e mellorando a súa Axenda Urbana e Rural de Paradela, dentro do plan da Axenda 2030 que marca uns obxectivos a cumprir en todos os concellos que forman parte dos países da ONU.

Nesta caso, Paradela ten moito avanzado, xa que xa se fixo o Plan de Rehabilitación do municipio que deu lugar ao primeiro estudio de desenvolvemento de Paradela. Tamén, en 2021, aprobouse o Plan de Mobilidade Sostible que se fundamenta na innovación e renovación da estrutura política en canto a sostenibilidade, reciclaxe e resiliencia.

Así, alcanzouse un equilibrio normal no transporte por parte da cidadanía, fomentouse os sistemas de mobilidade alternativos, mellorouse a sostenibilidade desde o punto de vista social e ambiental e de mobilidade peonil.

Incorporouse tamén a implementación da nova política contra o cambio climático e, coa necesidade de atender á poboación do rural, as políticas para mellorar e conservar o medio rural e mellorar a calidade de vida.

Único concello de menos de 5.000 habitantes en ter implantada toda a política de sostenibilidade

Por outra banda, o Plan de Acción local de Paradela que se aprobou en agosto de 2022 foi galardonado cun premio por parte Ministerio de 50.000 euros ao ser o único municipio de Galicia de menos de 5.000 habitantes que ten ben implementada toda a política sobre sostenibilidade.

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz, di que para este ano “hai algúns proxectos interesantes en busca de financiación para levalos a cabo, xa que temos todo implantado para poder levalos a cabo”.

Estas actuacións se basean en facer cumprir os obxectivos estratéxicos, como a recuperación do Campo da Feira ou a mellora da rúa Cabaleiro de Santiago para facela unha vía máis “humanizada, transitable e bonita, con certo encanto”, como explica o rexedor.

Outras iniciativas son a mellora do casco antigo, dentro da capital, no núcleo de patios e a recuperación dos muros antigos nun entorno “precioso”, di Mato.

E no caso da contorna natura, o alcalde fai fincapé nun plan de acción en canto ao Río Loio, que comeza no punto máis álxido de Paradela, e que ten un grande interese local e turístico. Por isto, é importante coidar da contorna do Río Loio e a súa vexetación, que se viu danada ultimamente por mor das chuvias.

Ademais disto, cabe destacar Paradela encadrouse nun plan a nivel europeo chamado Nova Bauhaus, a través do Sergas, que que fomenta a mellora das vivendas. Así, desde o concello apostan tamén por mellorar a calidade de vida dos seus habitantes co obxectivo de fixar poboación no municipio.

Aínda están na fase inicial de desenvolvemente e de como se pode adherir Paradela ás subvencións deste plan, pero teñen ganas de poñerse en marcha.

Nova Bauhaus

É unha iniciativa creativa e interdisciplinar que abre un espazo de encontro para deseñar futuras maneiras de vivir e sitúase na encrucillada entre arte, cultura, inclusión social, ciencia e tecnoloxía. A iniciativa leva o Pacto Verde Europeo aos lugares onde vivimos e chama a un esforzo colectivo por imaxinar e construír un futuro sostible, inclusivo e fermoso para a mente e para a alma de todos.

O Servizo Galego de Saúde foi seleccionado pola Comisión Europea como socio desta iniciativa. Trátase do único servizo de saúde europeo que figura como socio. Desde o SERGAS queremos liderar un proxecto transversal de toda Galicia que utilice ao sector saúde como eixo vertebrador da transformación cultural baseada na sustentabilidade.

Que é unha Axenda Urbana e Rural?

É un documento estratéxico que trata de abandeirar unha nova visión do urbanismo. Persegue, polo tanto, a consecución de cidades, vilas e pobos sostibles, inclusivos, seguros e resilientes.

Concíbese como unha folla de ruta aberta a continuas melloras e reformulacións que implica a todos os axentes, públicos e privados, que interveñen no territorio e buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación.

A Axenda Urbana e Rural de Paradela deberá dar resposta ás necesidades particulares dos municipios, pero incluíndo os compromisos adoptados na Axenda 2030, a Nova Axenda Urbana das Nacións Unidas, a Axenda Urbana para a Unión Europea e a Axenda Urbana Española.