Skip to main content
Sarria

A pasarela do Toleiro de Sarria sométese a melloras

Por 3 Xaneiro, 2023Xaneiro 5th, 2023Sin comentarios

A pasarela do Toleiro do Concello de Sarria está cortada debido a que o Concello decidiu comezar as obras para arranxala e mellorada, xa que está deteriorada e con madeiras soltas, o que supón un risco para os cidadáns.

O Concello investirá 42.000 euros para mellorar o pavimento do firme, que contará con dúas fases para as obras, a primeira que xa comezou e a segunda que terá lugar cando mellore o tempo metereolóxico.

Segundo indicou o alcalde, Claudio Garrido, a madeira da pasarela será substituída por formigón alixeirado con arlita para evitar que apodrente e que se acumule a humidade e a auga, como pasaba ata o de agora porque non estaba ben executado o saneamento da obra e isto levaba a que a pasarela estivese practicamente intransitable.

O alcalde calcula que os traballos rematarán nuns 10 días para que as persoas poidan transitar pola pasarela durante o resto do inverno e, unha vez que melloren as condicións meteorolóxicas, o Concello executará a segunda fase das obras que consistirán en poñer unha capa de resina para que o viaduto teña un acabado similar ao do Malecón. Tamén se eliminarán os chanzos que dan acceso á pasarela desde o paseo e construirase unha rampla.