Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria convoca seis prazas de auxiliar xerocultor para a residencia de maiores

Por 14 Xaneiro, 2023Xaneiro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria, mediante Decreto 2022-1356, de data 10/12/2022 aprobou a convocatoria e bases específicas para a provisión, como persoal laboral fixo e con grupo de cotización 7, de seis prazas de auxiliar xerocultor incluidas na Oferta de Emprego para a Estabilización do Emprego Temporal do Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

As persoas interesadas teñen ata o luns para presentarse e deberán cumprir ter o Título de Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente.

Ademáis, deberán acreditar a cualificación profesional de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, estabrecida no RD 1368/2007, de 19 de outubro. No seu defecto, se non popara a acreditación deste requisito, debe estar en posición da titulación de Formación Profesional de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería ou ciclo formativo de grado medio, Técnico de Atención sociosanitaria ou resgardo acreditativo de haber obtido o certificado ou a titulación requirida anteriormente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase presentar o orixinal ou fotocopia compulsada da credencial que acredite a súa homologación en España

Ademais desta titulación, deberán posuír un nivel de galego intermedio, o Celga 3, que de non cumprirse, deberase substituír por unha proba de galego.