Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A Sociedad Recreativa La Unión acollerá unha actividade de relaxación gratuíta

Por 20 Xaneiro, 2023Xaneiro 21st, 2023Sin comentarios

Este domingo, 22 de xaneiro, terá lugar unha actividade gratuíta na Sociedad Recreativa La Unión, Baño de son, a cargo de Marian García Vicuña.

A actividade, que terá lugar ás 19.00 horas e durará unha hora, consiste nun momento de relaxación a través da escoita de diferentes sons de instrumentos como o gong, as cuncas tibetanas, o armonizador, a kalimba, o shruti, o tambor oceánico e paus de chuvia, entre outros.

Segundo Marian García, a experta en baño de son que vai levar o obradoiro, é unha terapia a través de sons, durante a que se pode chegar a un estado levitativo de relaxación nunha posición cómoda, xa sexa acostado ou sentado, que permita meditar mentres se senten os sons e as vibracións.

As persoas que acudiron a outras sesións de baños de son impartidos por Marian García, cinco deles na comarca de Sarria, cóntanos, din que a experiencia é moi interesante e moitos constatan que “as viaxes” son moi agradables.

Hai praza para unhas 25 persoas, que terán que levar unha esteira e unha mantiña para poñer por enriba mentres ten lugar a relaxación.