Skip to main content
Sarria

Sarria abordará a organización das súa edición XV das Xornadas do Cocido do Porco Celta

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Esta tarde ás 17.30 horas terá lugar unha reunión convocada pola concelleira de Festas de Sarria, María Eugenia Valcárcel, co sector da hostalaría para abordar diferentes aspectos da organización das XV Xornadas do Cocido do Porco Celta.

A concelleira de Festas pretende involucrar ao maior número posible de establecementos da bisbarra para “enriquecer o programa de actividades” na décimo
quinta edición co obxectivo de seguir potenciando a festa como atractivo turístico.

Nesta xuntanza, que se celebrará no salón de plenos do consistorio, delimitarase a data de celebración e as actividades a realizar.