Skip to main content
Sarria

A CIG esixe ao Concello de Sarria que informe das medidas que vai tomar ao respecto da situación na residencia de maiores

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Confederación Intersindical Galega (CIG) solicitou ao Concello de Sarria a convocatoria dunha Mesa Xeral de Negociación para que informe directamente á representación legal dos traballadores sobre a situación xerada na Xestión da Residencia Municipal Nosa Señora do Carme.

Consideran que, tras saber que concelleiro Benjamín Escontrela contratara os servizos dun detective privado para espiar ás traballadoras en situación de baixa médica, “é hora de que se dea formalmente e detalladamente información dos feitos acontecidos á representación legal dos traballadores así como das medidas que o goberno municipal está a xestionar ao respecto”.

Din que cando saltou á luz pública o sucedido, xa “manifestamos publicamente que considerabamos extremadamente grave o acontecido, e como tal o gobernó municipal debe de informar á representación sindical”.

“Lamentamos que desde o goberno municipal se tardara tres anos e medio en asumir e recoñecer a desastrosa xestión que o concelleiro Escontrela fixo na residencia, a cal non foi mais que obxecto de conflictos nesta lexislatura”, explican.

“Tamén lamentamos a persecución e asedio que o Sr. Escontrela someteu a aqueles traballadores e traballadoras da residencia que non actuaban ao seu dictado, actuacións que teñen sido denunciadas pola CIG en varias ocasións e sobre as que desde o Goberno Municipal nunca se actuou coa responsabilidade que se deberá”, denuncian.

Así, concluíron que desde a CIG, “unha vez que o Concello transmita a información veraz e formalmente, valoraremos que medidas e acción sindicais e xudiciais se poden levar adiante en defensa das traballadoras afectadas”.