Skip to main content
Sarria

O Esmorga Fest 2023 celebrarase finalmente grazas á colaboración da Deputación de Lugo

Por 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os organizadores do Esmorga Fest 2023 mantiveron unha reunión con Efrén Castro e Maite Ferreiro, que se comprometeron, en representación da Deputación de Lugo a darlles apoio económico para levar a cabo unha nova edición do evento.

Así, desde a área de cultura explicaron que “apoio económico é necesario para facer viable unha nova edición e darlle continuidade a un festival que conta ademais cunha gran implicación e apoio da veciñanza e do tecido asociativo e empresarial de Sarria”.

Efrén Castro explicou que “o Esmorga Fest converteuse nestes anos nun festival de referencia na música independente, con público de toda Galicia e do resto do Estado e un recoñecemento unánime da prensa especializada”.

Así, defenderon que “a súa traxectoria é un activo cultural que temos que aproveitar, especialmente nunha vila coma Sarria, á marxe dos circuítos da industria musical, con carteis que mesturan bandas recoñecidas e grupos emerxentes da música independente”.

Así o anunciaban eles nas súas redes: