
Algúns veciños de Sarria quéixanse do estado dun camiño para paso de gando na parroquia de Vilanova, en San Vicente de Froián.
Os habitantes da parroquia explican que é un camiño agrícola no que adoita haber paso de animais e maquinaria e que estaba en malas condicións debido ao temporal, que provocou que a terra se convertera en barro.
Así, din que a forma de arreglar o camiño foi “botarlle pedra moi gorda, o que dificulta da mesma maneira o paso do gando” e cren que “sería ideal” botarlle unha zahorra ou grava máis fina, xa que as vacas, declaran, “ao pasar por riba destes grandes coios, poden mancarse, a parte de que lles é moi molesto”.
Piden así unha resposta por parte do Concello de Sarria, que ademais, argumentan, “só cubriu a parte final do camiño”, deixando o resto como estaba.