Skip to main content
Sarria

O Buril acolle este sábado unha festa para despedir xaneiro con grupos musicais galegos

Por 27 Xaneiro, 2023Xaneiro 28th, 2023Sin comentarios

A asociación cultural, deportiva e ecolóxica O Buril ACDE organiza para mañá, sábado 28 de xaneiro, unha “súper festa” para despedir o mes de xaneiro.

O evento, que ten un custo de 9 euros, xuntará aos grupos musicais galegos de A Cadela Asasina, Maskarpone e CERO2CERO.

Ademais da amenización musical, haberá pinchos para os asistentes e espicha de sidra gratis.

Grupos de música convidados

A Cadela Asasina é un grupo de música tradicional, que “fará as delicias”, como din desde a organización do evento, coa súa interpretación, na que non faltará a muiñeira de chantada.

Pola súa parte, Maskarpone volve ao Buril, no que presentará o seu novo disco con moitos cambios.

Por último, o grupo CERO2CERO de Monforte son un dos dúos “máis prometedores” da escena local underground.