Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

La Unión de Sarria organiza unha festa con cocido e música para festexar o Entroido

Por 30 Xaneiro, 2023Xaneiro 31st, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado, 18 de febreiro, a sociedade La Unión de Sarria organiza a festa do Entroido, que contará con xantar de cocido e o posterior baile.

O prezo do evento será de 25 euros para socios, que incluirá a comida cun menú completo de cocido, bebida, postre e café; e a actuación do grupo musical Eureka, que porá aos asistentes a bailar.

Animan desde a asociación a que se leven disfraces e os interesados teñen ata o día 16 para reservar a súa praza e recoller as tarxetas de acceso ao evento.