Skip to main content
Triacastela

A campaña de compostaxe doméstica está a punto en Triacastela

Por 10 Xaneiro, 2023Xaneiro 13th, 2023Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Triacastela xa teñen todo a punto para participar na campaña de compostaxe promovida polo Concello en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa, enmarcada no Plan de recuperación, transformación e resilencia e financiada pola Unión Europea-Next Generation, nace coa intención de promover a reciclaxe de residuos orgánicos.

Os veciños xa teñen os seus contedores instalados para levar a cabo esta actividades grazas á formación que recibiron o pasado mes de decembro.