Skip to main content
Triacastela

Triacastela tamén estivo presente no FITUR

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Triacastela tamén participou do acto de presentación do Camiño francés da Feira Internacional do Turismo, FITUR, como unha das rutas máis empregadas polos peregrinos na súa viaxe a Santiago.

Olga Iglesias, alcaldesa do municipio, acompañou a Reyes Abella, concelleira de cultura de Sarria e a directora de Turismo, Nava Castro, quen fixo fincapé no camiño como unha ruta que “combina o seu tradicional acervo espiritual e sociocultural co seu poder de atracción turística e o seu carácter renovado como lugar de encontro aberto a todo tipo de culturas e xentes”.

Nesta mesma liña destacou ao Camiño de Santiago como un referente de intercambio e interculturalidade que xa é en un dos fenómenos máis universais da civilización na actualidade.