Skip to main content
Triacastela

O Eduardo Cela Vila acolleu unha formación de educación sexual

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Dúas matronas do Colexio de Enfermería de Lugo, Sonia e Susana, visitaron o CEIP Eduardo Cela Vila, de Triacastela.

Durante a xornada, amosaron aos nenos e nenas a importancia de coñecer e respectar o seu propio corpo a través de diferentes explicacións, xogos, lecturas e vídeos.

Desde os de Infantil ata os máis maiores de Primaria asimilaron, experimentaron e desfrutaron de contidos propios da educación sexual.