
Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) estará no Concello de Triacastela do 10 ao 15 de febreiro para dar servizo aos vehículos agrícolas que queiran pasala.
Será a praza do Concello a que acolla a estes particulares en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15.15 a 18.00 horas; agás o 10 de febreiro, que só se poderá ir en horario de mañá.
Para solicitar a cita previa, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com.