Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A obra do abastecemento en Outeiro de Rei incluirá un ramal baixo a A-6

Por 31 Xaneiro, 2023Febreiro 1st, 2023Sin comentarios

A Xunta recibe 8 ofertas para executar a 2ª fase dos traballos, que suporán un investimento de máis de 160.000  euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 8 ofertas de empresas para executar as obras da 2ª fase da mellora do abastecemento de Outeiro de Rei, que completará a ampliación da rede deste municipio.

Os traballos de reforzo do sistema de abastecemento municipal, que suporán un investimento de 162.000 euros, prevén comezar e rematar este mesmo ano, ao ter un prazo de execución de 2 meses.

A entidade hidráulica da Xunta financiará o 80% da intervención, achegando o Concello o 20% restante do orzamento.

Máis en detalle, as actuación a acometer nesta 2ª fase consistirán na ampliación da rede mediante a instalación dun ramal que conectará coa rede actual na zona empresarial de Outeiro de Rei, pasando baixo a A-6.

Estes traballos darán continuidade á 1ª fase xa executada, que abrangueu un ramal de máis de 3 quilómetros de condución. Estas actuacións supuxeron un investimento de 500.000 euros.

Con estas intervencións, a Xunta ten como obxectivo proporcionar un servizo de abastecemento eficiente aos veciños e ás empresas do polígono. Así, resólvense as deficiencias que presentaba o sistema de abastecemento deste municipio.

A Xunta segue a traballar para prestar apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan desenvolver de forma eficiente as súas responsabilidades de saneamento e abastecemento.