Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca TERRACHÁXA

Ecoloxistas piden á Xunta frear as instalacións eólicos nas serras da Carba e do Xistral

Por 2 Xaneiro, 2023Xaneiro 3rd, 2023Sin comentarios

Entidades ecoloxistas piden á Xunta frear a instalación de estacións eólicas á beira da Serra de Carba e da Serra do Xistral para non continuar coa presión eólica excesiva sobre os espazos protexidos e de alto valor ambiental.

Segundo indican xa son máis de 1.392 aeroxeneradores máis 209,11 quilómetros de liñas eléctricas as instaladas en espazos da Rede Natura 2000 ou próximos a esta, como está a acontecer arestora con proxectos eólicos en tramitación como o proxecto Escoiras, o proxecto Hépotas II ou o proxecto Ourol II.

Polo tanto, instan tamén a Xunta á ir desmandelando aqueles parques eólicos que xa están a agotar a súa vida útil para eliminar a excesiva presión eólica que sofre a Serra do Xistral e a Serra da Carba.

Afirman que case que desde calquer punto da Serra do Xistral pódese ver ao redor de 651 aeroxeradores. “É tal o grao de presión eólica e da afección urbanística sobre os humedais e as turbeiras que é moi probable que non se garanta a conectividade ecolóxica”.

As afeccións esténdese á Reserva da Biosfera Terras do Miño, onde hai proxectos eólicos en tramitación sobre a zona tampón, como o proxecto eólico Hépotas II (ampliación do Hépotas xa instalado).

A meirande parte dos proxectos eólicos prevén o seu desenvolvemento sobre masas de auga soterradas e sobre zonas protexidas de augas potables como o proxecto eólico Hépotas II ou o Escoiras. Existe unha afección severa a humedais como o Humedal Tremoal da Gañidoira, pertencente ao Complexo de turbeiras e brezais do Xistral – 14; e ao Humedal Brañas do Porto da Gañidoira, pertencente ao Complexo de turbeiras e brezais da Serra do Xistral – 13 por parte de proxectos eólicos en tramitación como o proxecto eólico Hépotas II.

Ademais periga a necesaria coherencia da Rede Natura e a afección esténdese a outros espazos protexidos como o Río Landro, o Río Ouro, Monte Maior, Ortigueira -Mera, Estaca de Bares e a Costa da Mariña Occidental, estas dúas últimas máis distantes pero que tamén sofren o acusado impacto paisaxístico e visual da acumulación de estacións eólicas.

“Desde todos os miradores da contorna se ven aeroxeradores. É de tal envergadura a presión eólica existente que os miradores non cumplen coa súa finalidade paisaxística e de recreo. Se se continúa implantando aeroxeradores o Feísmo paisaxístico continuará acrecentándose. A fragmentación da paisaxe é manifesta en miradoiros como O Castelo, a Cima de Cuadramón, o Alto da Curuxeira, o Miradoiro da Gañidoira, o Alto da Pena Cadela, a Cima do Xistral, o Alto do Caxado, o Alto da Faladoira, o Alto do Lomo Gordo, o Mirador Goía -Peñote, o Mirador de Manzoi o Mirador de Ambosores, …etc”, explican os colectivos.

Por outra banda, isto conduciría á progresiva descatalogación de espazos catalogados no seu día como Áreas de Especial Interés Paisaxístico (AEIP), precisamente pola beleza paisaxística da que eran merecedores neste momento. Hoxe en día, co acúmulo de estacións eólicas, a función paisaxística e de recreo comeza a ser cuestionada.

“A afección paisaxística xera un acusado feísmo paisaxístico sen parancón. Así espazos como Serra da Cabra, Fraga da Carballeira, Fragas das Esqueiras, Fraga de Ambosores-Alto Sor, A Serra do Xistral, A Caxigueira-Fervenzas do Escouridal, Río Landro, Monseivane, Pozo da Ferida, Serra da Toxiza, Tronceda-Fragavella están a sofrir as consecuencias da excesiva fragmentación e a perda da necesaria conectividade ecolóxica”, engaden.

Por outra banda, “os antigos carreiros e vías pecuarias só se ven por parte das promotoras eólicas e da propia Xunta como vieiros a acondicionar obviando a súa función ecosistémica fundamental como corredor ecolóxico e zona de fluxo de especies e de intercambio xenético”.

Afirman que a política eólica da Xunta “é un erro garrafal e é moi reprochable o que está a facer de forma consciente: burlar a normativa de protección do medio para poñela ao servizo dos intereses do lobby enerxético, nun país onde só se fomentan as estacións eólicas e as plantacións de eucaliptus, e o benestar dos ecosistemas e das persoas está en serio declive”.