Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Os Reis Magos percorreron onte toda a comarca de Terra Chá

Por 6 Xaneiro, 2023Xaneiro 8th, 2023Sin comentarios

Os Reis Magos percorreron na xornada de onte toda a comarca da Chaira. Visitaron concello a concello, foron recibidos polas máximas autoridades locais e escoitaron todas e cada unha das peticións que lles fixeron chegar os máis pequenos.

A cabalo, en carroza, sentados nunha estrados, no interior, no exterior, en pavillóns, en festas, etc… foron moitas as opcións que se tomaron en cada lugar pero o importante é que en ningún deles faltaron.

O bo tempo, unha tregua que deu a choiva, tras un inicio de ano inclemente, axudou ás celebracións, que recuperaron todo o esplendor anterior á pandemia.