Skip to main content
BurelaComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes TERRACHÁXA

A selección galega sub 19 feminina de fútbol sala di adeus ao Campionato de España

Por 19 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Entre as dez xogadoras que conforman a selección figuran dúas chairegas, Yanira Guizán, do Concello de Guitiriz, e Aroa Rodríguez, do Vilalba FS; ademais da burelá Daria Kowshyk.

A Selección Galega sub 19 feminina non puido seguir os pasos da sub 16, que xoga hoxe a semifinal, e este mércores dixo adeus ao Campionato de España de fútbol sala. O combinado galego derrotou na última xornada da fase de grupos a Navarra con claridade (1-4), pero a vitoria da Comunidade Valenciana ante Cantabria apeou ás nosas das semifinais.

O elenco dirixido por Rubén Carballo era consciente de que non dependía de se mesmo para alcanzar o obxectivo. Con todo, o primeiro paso era sacar adiante o choque ante Navarra. Galicia mostrouse moi superior ao bloque navarro e fixo os deberes (1-4).

Ao descanso, a Selección Galega foise mandando pola mínima (0-1) e meteu a directa na segunda metade para redondear o marcador.

Con todo, a Comunidade Valenciana non fallou ante Cantabria.

O combinado galego sumou os seus tres primeiros puntos no torneo tras superar a Cantabria (0-4) nun choque moi completo das nosas. Ao día seguinte encaixou a primeira derrota nesta fase de grupos do Campionato de España de fútbol sala. Caeron hoxe ante a Comunidade Valenciana (4-1) nun choque máis disputado do que indicaba o marcador.

A selección Sub19 estaba conformada por tres xogadoras da provincia, Yanira Guizán, do Concello de Guitiriz, Aroa Rodríguez, do Vilalba FS, e Daria Kowshyk, do Pescados Rubén Burela.