Skip to main content
Deportes TERRACHÁXALugo

O Campionato de España de Motocross chega a Lugo

Por 5 Xaneiro, 2023Xaneiro 25th, 2023Sin comentarios

Lugo acolle o 25 e 26 de febreiro o Campionato de España de Motocross no Circuíto Municipal Jorge Prado. Unha importante cita a nivel e referencia en toda Europa que será a segunda carreira do calendario e a última cita antes do mundial.

As tres categorías estrela da elite nacional que competirán esa fin de semana en Lugo son MXGP, MX2 e 125, unha proba que acollerá cerca de 150 pilotos varios mundialistas que asistirán para preparar a tempada internacional.

Ademais estarán presentes tamén varios pilotos galegos de referencia mundial como Jorge Prado, Rubén Fernández e Yago Martínez.

As entradas para acudir a este campionato nacional xa están a venda con descontos ata o 31 de xaneiro. Os menores de seis anos poden entrar gratuitamente.