Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugo

A Selección Galega sub 16 feminina cae nas semifinais do Campionato de España

Por 20 Xaneiro, 2023Xaneiro 25th, 2023Sin comentarios

Forman parte da ducia de convocadas, dúas xogadoras do Burela, Claudia Rodríguez e Lola Muñoz; dúas do Castro, Irene Suárez e Antía Corral, e unha do Ribeira, Mara Fiallega.

A Selección Galega sub 16 feminina despediuse este xoves do Campionato de España de fútbol sala que se celebra en Murcia tras caer en semifinais ante a potente Andalucía (2-6). As nosas non puideron facer fronte ao elenco andaluz, que se mostrou superior durante todo o partido para acabar asinando a clasificación para a gran final.

Entre as xogadoras galegas, cinco son da provimncia de Lugo, dúas xogadoras do Burela, Claudia Rodríguez e Lola Muñoz; dúas do Castro, Irene Suárez e Antía Corral, e unha do Ribeira, Mara Fiallega.

Andalucía encarrilou a eliminatoria xa durante a primeira metade, debido a que se marchou gañando 0-3 ao descanso. Con todo, e pese ao pau, o equipo preparado por Bea Seijas non tirou a toalla e asumiu riscos na segunda metade, aínda que sen o resultado agardado.

Malia todo, Galicia logrou meterse de novo no choque anotando o 1-3 nos primeiros compases da reanudación, aínda que Andalucía non deu opción á reacción galega e acabou metendo a directa para sentenciar o enfrontamento.

Demasiado castigo para as nosas, que loitaron ata o final. A selección sub 16 feminina certificara o billete para as semifinais do Campionato de España de fútbol sala tras superar a Castilla La Mancha na quenda de penaltis e despois dun partido (4-4) que foi unha auténtica montaña rusa. Anteriormente tiña colleitada unha goleada no seu debut ante o Melilla por 13-0, polo que pasou como primeira de grupo.