Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín demanda o arranxo das goteiras do pavillón municipal

Por 20 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista solicita ao Concello de Abadín o amaño do problema das goteiras no pavillón polideportivo municipal. “As imaxes confirman que diciamos a verdade cando afirmábamos que chove dentro”, indican.

“E, ante esta situación que se ven sofrindo dende fai anos impide que se poidan desenvolver con normalidade as actividades deportivas no noso concello e, o que é un problema máis importante, pode supoñer un risco para a seguridade das nenas e nenos que practican deporte nesta instalación municipal”, engaden.

Afirman que hai tamén un equipo federado de fútbol sala do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño que por mor desta situación non pode xogar os seus partidos como local no seu propio concello tendo que desplazarse a outros limítrofes, nin tampouco entrenar con normalidade.

“A desidia por parte da Administración local fai que tristemente os nosos nenos non poidan xogar no polideportivo municipal nin se poidan realizar actividades extraescolares como se debería nin que poidan xurdir iniciativas para a práctica de calquera disciplina”, di.

“A falta de mantemento é a demostración palpable da deixadez do equipo de goberno coas instalacións deportivas.
Esta situación débese ao abandono das instalacións deportivas por parte do goberno municipal. E, polo tanto, convidamos ao concelleiro de deportes a poñerse a traballar, algo que non fixo en todo o mandato”, engaden para cuncluír que “é un exemplo máis da incapacidade de traballo deste goberno local”.