Skip to main content
BegonteComarca AMARIÑAXA

Os premios do certame de debuxo do belén de Begonte foron na súa maioría para a Mariña

Por 12 Xaneiro, 2023Xaneiro 13th, 2023Sin comentarios

O xurado do XLVII Certame de Debuxo Infantil de Nadal, convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán dentro da programación do Belén de Begonte, fixo públicos os premios deste ano, que corresponderon nunha gran maioría a centros da Mariña lucense, ademais de Begonte.

O xurado estivo formado por Ana Mel López, xefa provincial de Cultura da Xunta de Galicia; Isabel Pérez Fórneas, directora da Biblioteca Nodal de Lugo e Laura Giz Castro, debuxante.

Na categoría de menore de dez anos os primeiros premios foron para Carla González Rivas, de 9 anos e do colexio O Cantel de Foz; Iria Parga Piñeiro, do Virxe Do Corpiño de Begonte e Xana Fraga Barcía (8 anos) tamén do Cantel.

Os segundos foron para Noa García González do Cantel, Andrea Pereira Lópe, do colexio Virxe do Corpiño de Begonte; Antonio Maseda Díaz, do Ceip Número 1 de Foz; Catalina Aguado Cobas, do Ceip O Cantel e Kenya Louçsas da Costa, do Número 1 de Foz. Todos teñen 9 anos agás Antonio, de 6, e Kenya, de 7.

Na categoría B, para os que teñen de 11 a 15 anos os primeiros premios foron para Alba Torres López, de 14 anos, que estuda no IES Vilar Ponte de Viveiro; Emma Pedreira Bouza, de 13 e alumna do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo e Miguel Fra Baltar, de 15 anos e do IES Illa De Sarón de Xove.

Os segundos premios foron para María Paz Ares, de 14 anos e do IES Vilar Ponte de Viveiro; Carlota Rodríguez Sánchez, tamén de 14 anos e alumna do mesmpo centro; Yeray Fontela Díaz con 11 anos e alumno do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte; Sara López Cora que con 15 anos estuda no IES Vilar Ponte de Viveiro e Nerea Fraga Pértega, con 13 anos e alumna no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.