Skip to main content
Begonte

Santiago Rodríguez e Pepe Pol gañan o premio de xornalismo do Belén de Begonte

Por 24 Xaneiro, 2023Xaneiro 25th, 2023Sin comentarios

Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da Universidade de Bristol UK, ven de gañar o primeiro premio do XLVII Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co seu artigo Caladas mensaxes gorecidas no Belén de Begonte, publicado en Galicia Digital e dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos.

O segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña, concedeuse a As zocas da espiritualidade en Begonte están, do profesor e escritor Pepe Pol, de Montefurado-Quiroga.

O xurado estivo formado por Javier Arias Fouz, delegado Territorial da Xunta de Galicia; José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, presidente do Centro cultural convocante; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria, e José Rodríguez Gómez, secretario do centro cultural.

Os premios serán entregados o próximo sábado, 28 de xaneiro, ás 17,00, horas, no decursso dos actos de clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte, no salón de actos do Centro cultural, impulsor do Belén.