Skip to main content
Begonte

O Pleno de Begonte pedirá a declaración de emerxencia polas inundacións

Por 24 Xaneiro, 2023Xaneiro 25th, 2023Sin comentarios

O Pleno do Concello de Begonte acordou soliditar a declaración de zona de emerxencia para a localidade tras as inundacións da pasada semana que anegaron varias casas e onde tiveron que ser evacuados varios veciños.

Esta proposta está dirixida ao Gobierno central e foi presentada polo Partido Popular e respaldada pola oposición. Nesta solicitude tamén se pide axuda á Subdelagación de Goberno para que ofreza a súa colaboración para tramitar a solicitude.

Ademais, o Concello aspira a contar tamén coa axuda da Xunta, á que pedirá que colabore na avaliación dos danos para que os veciños podan contar con axudas.

Neste mesmo paquete demándase axuda á Deputación para que tramite unha liña de axudas e que ofreza colaboración xurídica e técnica para os traballos de valoración de danos.

Por outra banda, o Concello anunciara hai uns días que se porán en marcha unha serie de axudas aos afectados, que se distribuirán en función de si o afectado ten seguro, o empadroamento e os danos sufridos. Polo tanto esta oscilará entre os 500 e os 1.500 euros.