Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte convoca o tradicional concurso de Entroido para o día 25 de febreiro

Por 25 Xaneiro, 2023Xaneiro 26th, 2023Sin comentarios

O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2023, co que se pretende, segundo explica a organización, “consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular”.

A celebración está prevista para o sábado 25 de febreiro ás 16.30 horas cun desfile en Baamonde para o que o prazo de inscrición rematará o mércores 22 de febreiro ás 14.00 horas.

Un ano máis haberá cinco premios para adultos en categoría individual (de entre 100 e 35 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 80 euros) e tres para os disfraces realizados para individuais ou comparsas para veciños de Begonte. Nestre caso os premios serán de 100 a 50 euros para o primeiro grupo e de 200 a 100 para o segundo.

Ademais, de 18.00 a 20.00 horas está prevista unha festa infantil con inchables para todos os nenos e nenas seguido dun baile de entroido que estará amenizad por discoteca móbil.

As bases de participación poden consultarse neste enlace.

As inscricións poden facerse presencialmente nas oficinas municipais no Rexistro Xeral do Concello de Begonte cubrindo o Anexo I Inscrición ou electrónicamente en https://begonte.sedelectronica.es/info.