Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Javier Neira e Chus Conde gañaron a carreira de Castro de Rei

Por 9 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Castro de Rei acolleu este domingo a que é oficialmente a primeira carreira do ano e que se celebra entre as localidades de Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea.

Un total de 350 participantes de todas as idades probaron sorte nunha xornada fría e chuviosa de primeiros de xaneiro e que deixou a Javier Neira e Chus Conde como campiones masculino e feminino, respectivamente, da categoría absoluta.

Son case 15 quilómetros os que se percorren nesta cita, que arrancou diante da casa consistorial e rematou na popular carballeira.

Neira fixo un tempo de 49:34 mentres que por detrás quedou Carlos Villamor (50:52) e Germán López (51:08). Entre as mulleres, Chus Conde firmou un 1:00:10, seguida de Nati García (1:03:02) e Elena Veres (1:04:29).

As categorías inferiores tamén tiveron a súa competición, máis reducida en función da idade dos particpantes. Na Sub-18 o gañador foi Iago Mateos, seguido de Daniel Martínez e Imrane Elkaderi. En fénimas, a clasificación estivo encabezada por Sofía Armesto, con Ilse Prado e Nahir Guzmán.

Imrane Elkaderi venceu tamén na Sub 14, xunto a David Enríquez e víctor Martínez. No podio feminino estiveron Iria Armesto, Xiana Farias e Noa Mejuto.

Na Sub-12 as primeiras prazas foron para Samuel Pérez e Lía Núñez.