Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Rafa Casanova substitúe ao Peón á fronte do CD Castro

Por 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O técnico Rafa Casanova porase á fronte do banco do CD Castro despois da dimisión do anterior adestrador Juan Peón, que deixa o cargo “por motivos persoais”.

O ex técnico chairego, que levaba no club unha tempada e media, deixa o cargo xunto ao seu equipo técnico, do que forman parte Quique Prado e Antonio Abad. O mesmo corpo técnico que levou ao club a disputar a fase de ascenso a Preferente o ano pasado.

O Club agradeceu o traballo realizado por Peón neste tempo desexándolle sorte no seu cometido.

Rafa Peón, que vén de cesar no CD As Pontes de Preferente antes de Nadal polos malos resultados obtidos porase á fronte do equipo chairego neste inicio do ano. Recolle ao club na sexta posición da táboa de Primeira Autonómica a tan só 7 puntos do primeiro clasificado, o SD Pol.

Rafa Casanova queda dirixindo ao CD Castro acompañado de Xaime Rego como corpo técnico.