Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

A biblioteca de San Martiño de Pino inicia unha serie de charlas con autores este sábado

Por 6 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A biblioteca rural de San Martiño de Pino continúa coa súa programación neste tempo inaugural. Así, inician este sábado, 7 de xaneiro, unha serie de conversas pensadas para achegar autores e as súas obras á parroquia.

Neste primeiro acto contarán con Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro, que falarán das súas vidas entre obras e dos seus últimos traballos publicados. Ademais, a sesión contará tamén con Martiño Maseda como moderador.

A sesión terá lugar a partir das 17:00 horas.