Skip to main content
Cospeito

O Mercado de Nadal de Muimenta reparte 1.900 euros en premios

Por 7 Xaneiro, 2023Xaneiro 8th, 2023Sin comentarios

A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informou de que durante a XIV Mercado de Nadal repartironse 19.000 rifas entre todos os clientes que tiveron os 28 negocios que participaron nesta edición.

O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 89.603. Polo tanto, as 19 papeletas que se repartiron, rematadas en 603, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas.

As gañadoras repartíronse en Parrillada Bañal, Estación de Servizo Lagas, Docería Anllo, Supermercado A Tenda, Panadería Hermo, Desexos, Veterinario José Pena Peteiro, Bar Alvariño, Super Setti (3), Perruquería Velica, Discoteca Hermo, Farmacia Castaño, Froitería Novo, Reparaciones París, Mercedes Abelleira Riveiro, Asesoría Suliña e Perruquería Ofelia.

Os agraciados teñen de prazo ata o 16 de xaneiro para poñerse en contacto cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros das xunta directiva para facer efectivo os correspondentes vales.

Os 19 premios teñen que gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. É en total, suman 1.900 euros.