Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

A biblioteca de Pino contará cun espectáculo de títeres este sábado

Por 18 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A escola de Pino contará cun clásico de Trécola Producións que volve á escea para conmemorar o 40 aniversario da compañía, unha nova visión do teatriño de feiras que se estreaba no ano 1982.

The Piccole Theatre é un show protagonizado por grandes artistas de madeira e cartón pedra que realizan números musicais, de maxia, acrobacias e cómicos. Presentado polo gran Don Lirone, un buscador de talentos por terra, mar e aire.

Será o sábado 21 de xaneiro, ás 17:00 no local social Escola de Pino. Para asistir hai que poñerse en contacto cos membros da directiva ou por mensaxe privada nas redes sociais antes do 19 de xaneiro.