Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

A asociación San Martiño de Pino presenta este domingo o calendario de actividades

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará este domingo, 5 de febreiro, a súa asemblea xeral, a partir das 12.00 horas na Escola de Pino.

Durante esta sesión trataranse varios temas. Así, darase conta das actividades realizadas nos anos 2021 e 2022 e avanzarase no calendario das previstas neste 2023.

Así mesmo, a directiva dará conta tamén do estado de contas e entregaranse os carnés aos socios.

Finalizarase cun turno de rogos e preguntas.

A continuación, está prevista unha segunda sesión, de carácter extraordinaria, co obxectivo de renovar os estatutos da asociación para engadir a consideración de asociación de veciños.