Skip to main content
Guitiriz

Parga conta coa súa representación en cantería, obra de Xabier Quiroga

Por 22 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A localidade de Parga loce dende hai unhas semanas unha nova peza escultórica que foi inaugurada nas últimas datas de forma oficial pola alcadesa, Marisol Morandeira, malia que leva xa tempo instalada.

Trátase dun obra do canteiro local Xabier Quijada, na que se representan todos os elementos que identifican á parroquia: a Ponte Romana, a feira, a auga e, por suposto, a pedra.

Dende o Concello de Guitiriz queremos agradecer a Quijada polo seu gran traballo, para nós é todo un orgullo contar con profesionais desta categoría nun oficio tan representativo da nosa vila”, dixo Morandeira.

A pesa pode verse nos xardíns da Estación de Renfe, onde ocupa un lugar destacado.