Skip to main content
Guitiriz

Comeza a restauración dos frescos dos Vilares

Por 30 Xaneiro, 2023Xaneiro 31st, 2023Sin comentarios

Comezaron xa os traballos de restauración dos frescos dos Vilares tras varios anos de demandas por parte de diferentes colectivos locais, municipais e tamén comarcais, que acadaron os seus froitos. Estas xoias pictóricas chairegas do século XVI voltarán a ser desfrutadas no seu esplendor.

Os Vilares Lareira de solos aproveitou o inicio das obras para ofrecer o seu agradecemento a” toda a xente dos Vilares, e a Viki Rivadulla (autora da imaxe reivindicativa), Antón Figueira (autor do spot), á Asociación #lareiradesoños , Sonia Engroba (historiadora museóloga) e Uxía Aguiar (autora do ante proxector e proxecto). Sen todos eles non sería posible”.

Unha demanda que chegou ao Parlamento Galego e que mesmo motivou entrevistas con outras institucións como o Concello de Guitiriz, a Deputación de Lugo e o arzobispado, conferEncias na UFC, carteis, dípticos, paineis na igrexa, un spot, unha iniciativa poética e mesmo a inclusión das pinturas na “lista roja” de patrimonio do Estado.

Nos próximos meses poderase desfrutar novamente dunhas pinturas únicas da autoría dos mestres de Parga e Nogueira que no século XVI crearon estas obras na nave central da igrexa con motivos paisaxísticos, a lamentación do Cristo Morto, o enterro do Conde Orgaz ou a imposición da Casillas de San Ildefonso (única desa temática en Galicia), todas elas de grande calidade artística de estilo gótico hispano flamenco.

Con está restauración, a igrexa de San Vicente dos Vilares será un reclamo para a visita aos Vilares, que coa recuperación dos cobertizos da Feira do Sete e a futura Casa da Xente de Xermolos onde naceu Díaz Castro, farán dos Vilares un exemplo de aposta por unha nova vida para unha parroquia do rural chairego.